viernes, 30 de mayo de 2008

CARTEL DE SAN FROILÁN...



BASES:

O prazo para presentar os traballos en ambos concursos está aberto dende o día 9 de xuño ata ás 14:30 horas do 9 de xullo.

Os interesados poderán entregar ou mandar a súa oferta por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo situada na Praza Maior nº1, 27002.

O Premio de Deseño Gráfico San Froilán 2008 convida a todos os artistas, creadores e afeccionados a participar con traballos propios e orixinais que recollan o espírito das festas patronais lucenses, que están consideradas as máis populares de Galicia. O motivo e as técnicas son libres e os únicos requisitos de participación son que nos deseños debe figurar o texto: “Lugo, San Froilán 2008, 4-12 de Outubro, Excmo. Concello de Lugo” e os lemas “Festa de Interese Turístico Galego” e “Fiesta de Interés Turístico Nacional”.
Tamén deberá aparecer o logotipo do Concello.

O gañador do concurso, ademais de ter o honor de ser o autor do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.

As bases serán distribuídas por todas as escolas de arte e deseño de Galicia e España, ademais de envialas a asociacións de artistas e creadores para fomentar unha maior participación e a calidade dos traballos.

+ INFO: http://www.lugo.es/

Moita sorte a tod@s. Bicosmil

No hay comentarios: